8.2.09

As aves van a Escola

Neste curso escolar as aves tamen queren vir ó cole de Roxos...

A comenzos de outono rescatamos nas proximidades do centro un gavián femia que posteriormenete viñeron a recoller dende o Centro de Recuperación de Aves para curar unha das ás que tiña ferida e que lle impedía voar.




Xa no inverno...unha nena da clase de Menta acudiu ó cole na compaña dunha Arcea que visitou as clases de Educación Infantil para poder admirarlle a súa fermosa plumaxe e o seu longo peteiro.




Sen males aparentes tamen foi recollida o día seguinte da súa chegada polo Centro de Recuperación.




Na Candieira, día en que casan os paxaros, este miudo paporubio entrou no ximnasio sen querer participar na clase de psicomotricidade pero non era quen de voltar o ar libre a pesares dos seus intentos de sair a través dos cristais das fiestras. Esta vez, coa axuda de algúns, foi buscar moza para facer o seu niño seguramente perto do cole...