16.3.09

Rima de Primavera



Cando atopes unha xoaniña nesta primavera,

cantalle esta rima...

Se sae voando, terás boa sorte.

Se non... non cho digo, non cho digo.

10.3.09

Lavandeira



Cando toca o timbre de entrada do tempo de recreo, todas e todos entramos nas aulas. Todos NON...a lavandeira branca chega o patio cuberto para aproveitar os restos das merendas escolares.

E unha ave moi común cuns andares característicos que lle fan mover a cola de arriba abaixo...por eso chámanlle tamén en castelán "señorita" Por que será? O seu nome seguramente ven de que gusta de frecuentar lugares húmidos como as lavandeiras no río.