1.2.10

As aves veñen o "cole"




OS GORRIONS PARDAIS.

Xa chegaron estos novos compañeiros de escola.

Cando pasemos polos corredores do noso cole podemos fixar a mirada no xardín do centro, alí podremos descubrir estos rebuldeiros colegas das nosas tarefas cotiás. Gústalle andar en grupo entre as follas do camelio ou sobre os canalóns do tellado na percura de algo que levarse ós peteiros.

O grupo fórmano unhas cantas femias e algúns machos que son fáciles de distinguir. As femias, coma a da foto da esquerda, son de color pardo. Os machos teñen máis contraste entre o lombo e a parte inferior, case gris. O máis característico deles son as plumas negras que teñen debaixo do pico como se fora a barba do noso "papá". Mirade ben e tratade de diferencialos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario